InicioSociedadeAsí foron cambiando as tradicións relixiosas de Lugo no Día dos Difuntos

Así foron cambiando as tradicións relixiosas de Lugo no Día dos Difuntos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O recollemento, o silencio, os actos relixiosos, a limpeza e colocación de flores nas tumbas dos familiares falecidos, son elementos que definen a asistencia aos cemiterios os días de Todos os Santos e o Día de Defuntos. Existe toda unha cerimonia cos seus ritos, pasos previos e momentos culminantes dentro destes dous días marcados no calendario. E como todos os ritos, hai un lugar onde se celebra, o cemiterio.

Os días de Todos os Santos e de Defuntos foron cambiando cos tempos, o mesmo que está acontecendo cos cemiterios. Así, como elementos patrimoniais, algúns están sendo “revalorizados” como espazos máis próximos á comunidade sen perder a esencia do que é un lugar onde repousan quen xa non está con nós.

Serafín Saavedra, un dos responsables do Cemiterio Municipal de San Froilán en Lugo, describe como estes lugares tamén reflicten os cambios sociais e as actitudes de cara os días de Todos os Santos e o Día de Defuntos.

“Antes, hai décadas, as persoas acudían a limpar e preparar as tumbas e os nichos nada máis acababan as festas do San Froilán, agora veñen na última semana a poucos días das datas de Santos e Defuntos”. Outro elemento que tamén cambiou moito é “o ruído dos cepillos e das persoas limpando, porque eran moitas persoas, hoxe en día xa non se fai tanto, mais o que si se fai é a colocación de moita flor”. Toda a reportaxe no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...