InicioSucesosDous detidos acusados de furtar dous coches en Lugo e Guitiriz

Dous detidos acusados de furtar dous coches en Lugo e Guitiriz

Tras recibir as denucias, os axentes investigaron os feitos e concluíron coa identificación de dúas persoas como presuntos responsables destes furtos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a dúas persoas, un veciño da Laracha e outro veciño de Arteixo, acusados de furtar dous vehículos en Lugo e Guitiriz.

Os feitos ocorreron entre os días 4 e 5 de outubro, cando os agora detidos supostamente subtraeron unha furgoneta na cidade de Lugo, a cal abandonaron en Guitiriz cando se lles acabou o combustible. Neste segundo municipio, furtaron un segundo vehículo.

Tras recibir as denucias, os axentes investigaron os feitos e concluíron coa identificación de dúas persoas como presuntos responsables destes furtos. Durante o rexistro das súas vivendas, localizaron nunha delas varios obxectos sustraidos na furgoneta furtada, polo que foron detidos.

Na mesma linea, un veciño de Melide está investigado como presunto autor dun delito de furto. Os feitos sucederon nun garaxe anexo a unha vivenda situada en Friol, de onde se subtraeu unha caixa de ferramentas e dous trades, valorados en 410 euros.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...