InicioDeportesTania Fernández, a piragüista lucense que navegou cara ao éxito

Tania Fernández, a piragüista lucense que navegou cara ao éxito

Ela e mais Tania Álvarez veñen de proclamarse subcampioas mundiais na modalidade de maratón. O triunfo desta fin de semana confirma un 2019 redondo para a luguesa, quen tamén se fixera co segundo posto a nivel europeo e co primeiro na Copa de España.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Entre a cidade de Lugo e o piragüismo existe un idilio amoroso deses que van para longo.  Non son poucos os éxitos deportivos que teñen acadado algúns lucenses nesta disciplina, pero a lista non deixa de medrar. Desta volta faino da man de Tania Fernández García, medalla de prata no mundial de piragüismo en maratón celebrado en Shaoxing (China).

A palista do Club Kayak Tudense-Axuda Paramos proclamouse onte subcampioa na categoría K2 sénior xunto á súa compañeira Tania Álvarez Yates, deportista pontevedresa do Club Breogán O Grove. Esta parella de galegas asinou un tempo de 1:56:33:99, fronte o 1:56:30:22 do barco vencedor, o das húngaras Renata Csay e Zsofia Czellai-Voros. “Disputar un sprint polo ouro nun Campionato do Mundo contra un K2 no que vai unha lenda como Renata Csay foi incrible!”, publicou a piragüista lucense nas súas redes sociais.

“A nosa estratexia consistiu en resistir o máximo posible“, explicou Fernández García ao remate da proba. Non era un circuito fácil —zonas estreitas, arcos e pontes complicaban a regata e facían case imprevisible o resultado—, pero Fernández García e Álvarez Yates amósanse “contentísimas” co seu traballo.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Tania Fernández García (@taniaafg92) el

UN 2019 REDONDO

O seu entusiasmo é comprensible, xa que o ano deportivo da palista lucense non podería ter ido mellor. Entre outros logros, Tania Fernández fíxose co segundo posto no Campionato Europeo de Maratón e coa medalla de ouro na III Copa de España de dita modalidade.

Outros títulos a nivel estatal e autonómico confirman aínda máis o talento desta moza luguesa, que remata agora a tempada. “A máis longa da miña vida, pero mentiría se dixese que foi a máis dura”, engade ela. Agora tócalle descansar e seguir soñando co que vén. Así llo di ela á súa compañeira pontevedresa: “Un día invitáchesme a soñar e aínda non aterramos”.

ÚLTIMAS

Miguel Fernández estrutura o seu goberno tras a incorporación da edil María Reigosa

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asinou este martes o decreto de reorganización do...

Luz verde ambiental da Xunta ao proxecto para a construción de 1.200 vivendas no barrio Sacro Corazón

A Xunta informou este martes de que deu "luz verde ambiental" ao Proxecto de...

O BNG urxe ao Goberno a cumprir o pactado e crear xa o xulgado de violencia de xénero en Lugo: “As demoras son inxustificadas”

O Bloque Nacionalista Galego instou ao Goberno do Estado a "acelerar" os trámites necesarios...

Expulsan a tres alumnos dun colexio de Lugo por un novo caso de acoso escolar

Un centro escolar de Lugo expulsou a tres alumnos tras detectar un posible caso...