InicioMedioambiente e PatrimonioA Xunta autorizará as modalidades de 'en man' e 'ao salto' na...

A Xunta autorizará as modalidades de ‘en man’ e ‘ao salto’ na caza maior de xabarís

Á montería, a batida, o rececho e a espera, engádense agora a captura 'en man' e 'ao salto' --antes permitidas só para a caza menor--, pero exclusivamente para xabarís.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta autorizará a partir de 2020 o uso das modalidades ‘en man’ e ‘ao salto’ para a caza maior do xabaril, que ata o momento soamente estaban permitidas na caza menor.

En concreto, esta modificación da lexislación galega de caza trátase dunha das medidas incluídas a lei de acompañamento dos orzamentos da Administración autonómica, cuxo proxecto foi presentado este sábado no Parlamento polo conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez.

Deste xeito introdúcense cambios no artigo 72 da devandita norma, que recolle aquelas modalidades autorizadas para a caza maior. Á montería, a batida, o rececho e a espera, engádense agora a captura ‘en man’ e ‘ao salto’ –antes permitidas só para a caza menor–, pero exclusivamente para xabarís.

A modalidade ‘ao salto’ está definida na lei como un grupo de persoas que, “con ou sen a axuda de cans” e “colocados en liña e separados entre si”, “avanzan cazando nun terreo”. Pola súa banda, o tipo de ‘en man’ consiste en que un cazador “percorre o terreo para dar caza ás pezas” que atope.

De acordo coa exposición de motivos da lei de acompañamento, estas modificacións teñen a finalidade de “favorecer a práctica da caza sobre o xabaril” e “incrementar a efectividade no control das súas poboacións” na Comunidade.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...