InicioMedioambiente e PatrimonioO outono chega a Lugo con baixadas de ata case 10º

O outono chega a Lugo con baixadas de ata case 10º

PUBLICADA O

Galicia recibirá este luns unha nova fronte que atravesará o territorio galego e deixará choivas xeneralizadas ao longo do día. O aviso amarelo permanecerá activo na montaña de Ourense durante as primeiras horas da madrugada, entre as 00,00 e as 03,00 horas. Tamén se deixará sentir en Lugo, cun importante descenso térmico.
Os ceos permanecerán cubertos durante todo o día con choivas máis persistentes na mañá. Pola tarde poderán ser máis intermitentes e Meteogalicia non descarta que veñan acompañadas de aparello eléctrico.
Pola súa banda, as temperaturas sufrirán un lixeiro ou moderado descenso, con 18 graos de máxima na Coruña, Pontevedra e Ourense mentres que as mínimas aparecerán en Lugo, cun descenso de até os 8 graos.
En canto ao vento, soprará frouxo en xeral e de compoñente oeste, aínda que poderán ser máis fortes no terzo norte da Comunidade.
+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...