InicioLugo e contornaPiden dous anos de prisión para un policía local acusado de atropelar...

Piden dous anos de prisión para un policía local acusado de atropelar mortalmente a unha muller en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home, axente da policía local, enfróntase a unha pena de dous anos de cárcere e privación do dereito a conducir vehículos de motor e ciclomotores durante tres anos, acusado dun delito de homicidio por imprudencia tras atropelar mortalmente a unha muller en Lugo. O xuízo celebrarase o vindeiro martes, 8 de outubro, ás 10,00 horas.

Segundo denuncia a Fiscalía os feitos ocorreron o 8 de agosto de 2016. Sobre as 14,00 horas o acusado, JL.L.G., subiuse ao seu vehículo oficial, un Ford Transit, irregularmente estacionado na intersección entre a rúa Pontevedra e á rúa Freixo de Lugo, enriba da beirarrúa e ocupando parcialmente o paso de peóns.

Sen tomar precaucións, iniciou unha manobra antirreglamentaria de marcha atrás, momento no que cruzaba o paso de peóns C.L.L, que se viu obrigada a rodear o furgón policial fóra do paso polo obstáculo que este supuña xunto a un poste de luz e un sinal vertical.

A muller foi atropelada polo vehículo, provocándolle lesións moi graves no tórax que lle ocasionaron a morte.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...