InicioSociedadeA Deputación renova o seu compromiso coa Universidade de Santiago para manter...

A Deputación renova o seu compromiso coa Universidade de Santiago para manter o Campus Terra

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, mantivo este xoves no Pazo de San Marcos unha reunión co reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, e a vicerreitora de Coordinación do Campus lucense, Montserrat Valcárcel, para confirmarlles que a institución provincial seguirá mantendo o seu apoio e mesmo profundando nas “liñas de colaboración” entre ambas as entidades.

Nese sentido, Tomé anunciou que a Deputación seguirá financiando o “Plan de Choque” impulsado por la USC e a propia Deputación para captar novos alumnos nas titulacións que oferta o Campus de Lugo.

“É unha aposta decidida para impulsar e situar o Campus Terra no lugar que se merece, por iso desde a Deputación se vén renovando nos últimos anos” o seu financiamento, dixo Tomé, que ascende a “350.000 euros”.

Ademais, explicou que existen outros convenios importantes coa institución académica, como o subscrito para a construción dun Centro Experimental de Leite, asociado á Facultade de Veterinaria, ou os que permiten realizar “xornadas o cursos por toda la provincia”.

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Un mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de Lugo evita o cárcere tras un acordo

Un mozo de Lugo logrou evitar o cárcere tras aceptar unha condena de dous...

Acordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa Serra de Meira con 937.000 euros

O Goberno galego e o Concello de Lugo desbloquearon a reforma da rúa Serra...

O Concello amosa a súa “preocupación” ante o “atraso” na autovía Nadela-Sarria

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou este martes a súa "profunda preocupación" polo novo...