InicioSociedadeA Asociación en defensa das costas do parque estuda ir á vía...

A Asociación en defensa das costas do parque estuda ir á vía xudicial para derrubar as torres do Garañón

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Plataforma en Defensa das Costas do Parque, Marcos Bourio, advertiu este luns que estudan ir pola “vía” xudicial para acelerar a derriba das torres do Garañón, urbanización investigada pola xustiza aos pés do parque Rosalía de Castro de Lugo.

Bourio, tras a sucesión de acontecementos con respecto a esta urbanización a pasada semana cun auto de imputación e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que garantiu que a demolición se fará nesta lexislatura, interpretou que “hai unha dilación non sei si á mantenta para sacar balóns fóra”.

O activista veciñal puntualizou que a asociación ten “constancia” que hai un expediente de “reposición da legalidade que xa caducou ou o deixaron caducar”. Ante isto avanzou que “van tomar” as “medidas” que consideren “oportunas para a derriba inmediata”. “Se non é por vía política, que o equipo de goberno (do Concello) non tome as medidas correspondentes acudiremos á vía xudicial. Temos que derrubar ese edificio”, sinalou.

Bourio lamentou que, de momento, “son só palabras, palabras moi esperanzadoras da alcaldesa, pero deixan caducar os expedientes de reposición da legalidade e iso non acompaña nesa intención real de derrubar o edificio, por tanto son palabras baleiras”, comentou.

Outro aspecto sobre o que chamou a atención, son os botellóns e os cascallos. “O outro día había unha chea de cascallos e bloques de formigón, calquera día acontece un accidente”, alertou.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...