InicioLugo e contornaLugoO Concello retirará os doce farois postos no Parque de Frigsa durante...

O Concello retirará os doce farois postos no Parque de Frigsa durante o franquismo

Debido ao paso do tempo, as antigas estruturas de formigón comezaron a deteriorarse, "chegando algunhas a ser perigosas para os usuarios e usuarias do recinto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), anunciou este venres que “nos próximos días” se reitarán os 12 antigos farois de formigón instaladas na contorna do Parque de Frigsa durante o franquismo.

De feito, segundo informa o Concello, foi o ditador Francisco Franco quen inaugurou a fábrica en 1956. Con todo, os farois levaban sen funcionar desde o peche da factoría no ano 1983.

E é que, debido ao paso do tempo, as antigas estruturas de formigón comezaron a deteriorarse, “chegando algunhas a ser perigosas para os usuarios e usuarias do recinto. No entanto, Rubén Arroxo sinala que “as que estean en mellor estado, serán conservadas como patrimonio histórico”.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...