InicioEconomíaLugo acollerá unha xornada sobre a situación da produción e comercialización da...

Lugo acollerá unha xornada sobre a situación da produción e comercialización da carne de vacún de calidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

As Indicacións Xeográficas Protexidas Tenreira Galega e Vaca Galega/Boi Galego celebrarán en Lugo unha xornada técnica conxunta sobre a situación da produción e comercialización da carne de vacún de calidade.

Segundo informaron os organizadores, a cita terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo o venres 25 de outubro. Este encontro vai dirixido a gandeiros, profesionais técnicos, industria, distribución e consumidores.

A xornada, avanzaron os organizadores, “pretende informar sobre a situación actual da produción e comercialización da carne de vacún de calidade nun escenario no que se lle presta especial atención ao benestar animal e á protección ambiental”.

Destes temas falarase durante as sesións, así como doutros aspectos como a bioseguridade nas gandarías de vacún e o uso responsable de antibióticos; os contratos alimentarios no sector; ou a situación actual dos mercados e a evolución do consumo de carne de vacún.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Ferido grave tras chocar contra un cabalo na autovía A-6 ao seu paso polas Nogais

Un home resultou ferido grave na noite do martes tras chocar o vehículo no...

Denunciada unha condutora que cuadriplicaba a taxa de alcol e chocou contra outro coche en Lugo

A Policía Local de Lugo instruíu nas últimas horas varias denuncias en materia de...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...