InicioSucesosEnvían a un centro a unha menor por ameazar e agredir a...

Envían a un centro a unha menor por ameazar e agredir a outra para roubarlle en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional do Grupo de delitos contra o patrimonio da Brigada Provincia de Policía Xudicial esclareceu os feitos sucedidos entre un grupo de menores, que se saldou coa agresora enviada a un centro por ameazar e agredir a outra moza para roubarlle en Lugo.

Segundo relatou a Policía Nacional, dúas menores que camiñaban pola rúa en dirección ao seu domicilio no centro da cidade de Lugo foron abordadas por outras catro mozas da súa mesma idade, que “as acurralaron na entrada dun local comercial e pedíronlles que lles dean os zapatos, o cinto, as pulseiras”.

As menores indicaron que, se non lles entregaban as cousas, romperianllas. Tamén lle pediron o teléfono móbil, ante o que se negaron, e tamén diñeiro. Así mesmo, ameazáronas “dicíndolles que se denuncian volverían para golpealas”, manifestou a Policía.

Nese mesmo momento, apuntan as mesmas fontes, a unha das vítimas tirárona ao chan, agarrárona polos pelos e déronlle varias labazadas. Ante estes feitos, a denunciante acudiu ao médico, onde recibiu varias mensaxes de Whatsapp da amiga que a acompañaba, na que lle dicía que as agresoras a esperaban no portal do seu domicilio pedíndolle que baixase á rúa para agredila de novo, sinalou a Policía Nacional.

DENUNCIA

A posteriori se persoa a agredida, xunto cos seus proxenitores, en dependencias policiais para presentar a correspondente denuncia que dá lugar a unha investigación.

As pescudas levan á investigación das presuntas agresores, a súa imputación e comunicación á Fiscalía de Menores, quen decretou en ingreso nun centro dunha agresora.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...