InicioSociedadePilar de Lara coñecerá o vindeiro xoves se prospera o recurso contra...

Pilar de Lara coñecerá o vindeiro xoves se prospera o recurso contra a súa sanción

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno do Consejo General del Poder Judicial (CGPJ), que se reunirá este xoves, examinará o recurso á sanción imposta á xuíza do un de Lugo, Pilar de Lara, de sete meses e un día de suspensión de emprego e soldo, que carrexa perdida de destino.

Así o confirmou o avogado da xuíza, Agustín Azparren, quen asegurou que “se se resolve no pleno de mañá”, xa estaría resolta a vía administrativa que decide o consello e “abriríase a posibilidade de ir en (recurso) casación ao Tribunal Supremo“.

Pilar de Lara foi sancionada por dilacións indebidas nos distintos procesos e macrocausas que segue a xuíza como a operación Carioca, sobre redes de prostitución, a Pokémon e o Garañón, sobre corrupción política.

En caso de confirmarse a sanción, estes procesos pasarían ao xuíz que viría a ocupar a praza de De Lara no xulgado número un de Lugo. A pesar diso, Azparren incidiu en que “hai a posibilidade de solicitar a suspensión da execución da sanción” e que non se faga efectiva “ata que resolva o Tribunal Supremo” (unha espera de dous meses).

+ posts

ÚLTIMAS

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...

Lugo estreará “As rúas do vento ceibe”, proxecto musical con máis de 300 voces arredor de poemas de Manuel María

O Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo acollerá o vindeiro 15 de maio o...