InicioSen categorizarO Festival Incívico 2019, un xeito de protesta contra macrofestivais como o...

O Festival Incívico 2019, un xeito de protesta contra macrofestivais como o Caudal Fest

O festival cambia de data para o domingo 22 pola previsión metereolóxica. Comezará partir das 13 horas na Praza Milagrosa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Festiva Incívico naceu en 2018 en Lugo como resposta á denominada “Ordenanza Mordaza”, que finalmente non foi aprobada grazas á protesta cidadá, e que pretendía restrinxir o uso do espazo público e as actividades das artistas e dos colectivos sociais e políticos na rúa.

“O obxectivo do Festival Incívico non é outro que encher de vida as prazas, de forma non lucrativa, e organizarse cos veciños e veciñas dos barrios para facer vida en comunidade, rompendo cos esquemas do hiperindividualismo que impera na actualidade”, apuntan os seus organizadores.

E este ano, ademais, querían que concidira esta fin de semana pola celebración do Caudal Fest. Un xeito de protesta contra os macrofestivais financiados con diñeiro público “que irán directamente a enriquecer á empresa privada” –este ano o concello destinou máis de 300.000 euros–. Pero o mal tempo fixo que se cambiara a data orixinal, que era este sábado.

MACROFESTIVAIS: “ACTO DE CONSUMO ESPORÁDICO”

“Ese tipo de festivais entende a cultura como un acto de consumo esporádico e non continuado no ano, pois os cartos investidos neste macrofestival para o enriquecemento duns poucos vai en detrimento da inversión na cultura local”, critican os organizadores do Festival Incívico. Lembran que a cultural local “manténse viva a cidade os 364 días do ano restantes” e que deixa, a diferenza deste tipo de eventos, “unha pegada non monetaria que non só debe terse en conta, senón que debe ser o piar fundamental na xestión cultural”.

Actuacións do Festival Incívico do 2018 / Youtube

Este ano o festival inclúe actividades de todo tipo e para todas as idades. Tamén haberá tempo para a reflexión e o debate, acerca das redes de apoio e da noción de barrio, eses focos de espazo físico e de resistencia na urbe capitalista. Terá lugar no Festival unha exposición fotografía permanente de Xosé Marra, Belén Cordero, Pedro Agrelo, David Vazq., A. Pallón, Llum A.González, Rodrigo Díaz, Nery e Alfredo Bongianni.

Tamén, de forma permanente, haberá xogos tradicionais galegos para adultos (como a chave ou os birlos), así como xogos para nenas e nenos. Incorporará ademais o “recuncho do dormilón” para a xente que se queira botar unha sesta na praza, acto que, coa “Ordenanza Mordaza”, queríase multar con ata 750 euros.

Programa:
▪️ 13:30 Sesión Vermú con pinchada de música
▪️ 14:00 Xantar Comunitario con comidas de diferentes países. Trae a túa
e comparte coas demais.
▪️ 16:00 Peza de teatro do Grupo de investigación teatral.
▪️ 16:30 “Saúde e redes de apoio”. Un espazo de aprendizaxe e posta en
común sobre a variable social como determinante de saúde; por Lucía
Cedrón e Uxía Oliveira.
▪️ 17:45 Xogos populares
▪️ 18:15 Presentación do xornal Pensa Lugo
▪️ 19:00 Obradoiro de regueifa/repente.
▪️ 19:45 Aulas de baile ritmo zumba, bachata e hip-hop con Ritmolugo
Escuela de Baile
▪️ 20:45 Música con artistas convidad@s como Pablo, Jandro e máis…
Haberá micro libre para as persoas que se animen a cantar.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...