InicioMedioambiente e PatrimonioO Pazo de Dona Urraca será finalmente oficina de Turismo

O Pazo de Dona Urraca será finalmente oficina de Turismo

O histórico edificio será cedido a Turismo e rehabilitado pola Consellería de Infraestruturas – Existían propostas para convertelo en cinemateca ou en centro social

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sinatura dun convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) achegará novas actuacións de rehabilitación, promoción e dinamización do barrio da Tinería. O concerto comprende unha liña económica para a restauración da casa-torre na muralla de Lugo e o Pazo de Dona Urraca, onde se instalarán a oficina de Turismo e o Centro de Interpretación do Camiño de Santiago.

Isto suporá o traslado da oficina turística dende a rúa Miño ata a nova ubicación no Pazo, que será cedido a Turismo e rehabilitado pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda. A conselleira Ethel Vázquez, responsable deste departamento, xustificou a instalación do Centro de Interpretación do Camiño neste edificio por ser un “espazo idóneo” de “carácter singular”.

Dende a Xunta calculan que poderán iniciar a redacción do proxecto despois do verán, unha vez que as necesidades do Pazo de Dona Urraca sexan analizadas. Segundo salientou Vázquez, o executivo autonómico leva investidos 25 millóns de euros na renovación e recuperación do barrio da Tinería, ao que habería que engadir outros 3,2 para adquisicións de novos inmobles.

Visión artística dun proxecto arquitectónico do programa Iacobus | Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Con anterioridade apareceron propostas doutros usos para o Pazo de Dona Urraca. En Ciudadanos propoñían facer un centro de día para persoas maiores, combinado cunha zona infantil que promovera o intercambio xeracional nun barrio en vías de recuperación. Pola contra, a idea predominante no programa arquitectónico Iacobus era a de converter o Pazo nunha cinemateca, respectado o legado arqueolóxico e creando unha zona verde.

Porén, dende Lugonovo consideran que a restauración do Pazo é unha boa nova, mais consideran inapropiado o novo uso. Esta formación defende que o servizo de Turismo tiña un emprazamento “ideal” na ubicación anterior, e alega que a Xunta xa investira case 300.000 euros hai oito anos na vella oficina. “Que nos expliquen, se existe unha aposta pola rexeneración do patrimonio público, que sentido ten deixar baleiro este local para prestalo á especulación”. Comparan a operación con “desvestir un santo para vestir a outro”.

Outras licenzas na Tinería

A xunta de goberno local aprobou este mércores outorgar licencia ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para a desmontaxe de elementos inseguros e adopción de medidas de seguridade, demolición parcial do edificio e peche de ocos de fachada no número 16 do Carril dos Fornos, no barrio da Tinería. O importe das actuacións é de 14.800 euros e o prazo de execución de 8 meses. O Concello puido conceder a licencia despois de que o órgano dependente da Xunta pagase as taxas preceptivas, tras catro requirimentos municipais.

ÚLTIMAS

Deteñen a unha muller de 71 anos por introducir droga no cárcere de Monterroso

A Garda Civil de Lugo detivo a unha muller de 71 anos acusada dun delito de tráfico de...

A Policía Local de Lugo identifica a dous mozos facendo pintadas e a outro que esnaquizaba coches a fartar

A Policía Local de Lugo identificou a dous mozos sorprendidos mentres realizaban pintadas na mañá de...

Lugo realiza case 900 rexistros de rede de sumidoiros para controlar as pragas urbanas

O Concello de Lugo levou a cabo un total de 870 rexistros de rede de sumidoiros en nove...

A xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, Medalla de Ouro ao Mérito en Belas Artes 2024

A produtora cinematográfica Chelo Loureiro e a xerenta da Rede Museística Provincial de Lugo,...