InicioLugo e contornaLugoDetida unha muller por causar altercados en dous locais de lecer de...

Detida unha muller por causar altercados en dous locais de lecer de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo este fin de semana a unha muller por causar altercados en dous locais de lecer da cidade de Lugo, onde agrediu a clientes.

Segundo informou a Policía Nacional, na madrugada do pasado domingo recibiuse unha chamada na sala do 091 para avisar de que unha muller agredía aos clientes dun local de copas. Personados no lugar, axentes identificaron a esta persoa, que se ausentou do lugar.

“Xa entrada a mañá recíbese de novo aviso na sala do 091 de que unha muller esta moi alterada noutro local próximo, na zona da igrexa de San Antonio”, relataron as mesmas fontes, que abundaron que se trataba da mesma persoa que antes.

Os policías solicitaron á muller a documentación, ante o que se negou e ameazou e insultou aos axentes actuantes. Por iso foi finalmente detida por un delito de atentado resistencia e desobediencia, tras o que pasou a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...