InicioCulturaCoñece as historias das mortes máis absurdas do país con Carmen Conde

Coñece as historias das mortes máis absurdas do país con Carmen Conde

PUBLICADA O

- Advertisement -

Oxeito, a nova escola de baile tradicional que dirixe Xabier Iglesias, inaugura o seu 2ºcurso. Será este venres, ás 20.30 horas na rúa San Eufrasio, 94, coa actuación de Carmen Conde, que ofrecerá unha selección natural de historias de mortos.

Carmen Conde percorreu Galicia en busca das mortes máis absurdas do país. Comezou en 2016 e, desde entón, estivo dous anos en xira co espectáculo “Premios Darwin”, onde relataba un total desas trece mortes absurdas.

Con todo, en cada espectáculo, había xente do público que lle ía contar novas historias. Tras peneiralas Carme armou o que deu en chamar “unha selección natural de historias“; unha contada das de toda a vida, con historias de mortos.

Oxeito pretende ser un lugar no que fusionar o canto, a percusión e o baile baixo a perspectiva do benestar corporal, para todas as idades, e con espazo para outros xéneros, a improvisación e a experimentación, tal e como o propio Xabier contou xa nunha entrevista no Lugo Xornal.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...