InicioCulturaO Concello renovará a dirección da Escola Municipal de Música

O Concello renovará a dirección da Escola Municipal de Música

Oito días hábiles para presentar candidaturas – Asemade, a Banda Municipal leva preto de dous anos sen dirección

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, asinou o luns un decreto no que aproba a instrucción que regula o proceso de renovación da xunta directiva da Escola Municipal de Música. Este decreto será publicado este martes no taboleiro da propia Escola e no de Edictos do Concello, e o prazo para a presentación de candidaturas abrirase o día vindeiro, o mércores 13, durante 8 días hábiles.

Segundo a instrucción, a cobertura dos postos deste órgano directivo realizarase mediante votación secreta no seo do claustro da Escola, tendo dereito a voto todo o persoal, funcionario ou laboral, do Concello con vinculación, tanto docente como non docente, co propio centro. As candidaturas estarán conformadas por catro persoas, que asumirán segundo conste na instancia de solicitude de participación, os postos de dirección, subdirección, xefatura de estudos e secretaría. Non serán admitidas candidaturas incompletas.

Situación da Banda Municipal

O Bloque Nacionalista Galego alertou o pasado xoves de que van cumprirse dous anos dende a xubilación do anterior director da Banda. A edil nacionalista Maite Ferreiro subliñou que a contratación de persoal anunciada polo goberno local debería servir para paliar o “desmantelamento” da Área de Cultura da corporación, responsable da Banda Municipal de Música. Ferreiro dixo que “xa pasou moito tempo e a data de xubilación do Director da Banda era coñecida dende fai anos”.

Dende o BNG solicitan que “se axilicen os trámites para que a Banda de Música conte, no espazo de tempo máis curto posible, cunha persoa ocupando a praza de dirección”. Sobre todo trala creación da Escola Municipal, en vías de renovación, que supuxo un pulo importante para a actividade musical de carácter público. Así, Ferreiro lembrou que “na comisión de cultura do mes de febreiro a responsable de cultura informou que comenzará os trámites para cubrir a praza de dirección da banda en xuño de 2016″, mais segue sen materializarse este trámite.

 

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...