InicioSucesosDetido en Castroverde por roubar gasóleo e material agrícola por valor de...

Detido en Castroverde por roubar gasóleo e material agrícola por valor de 4.500 euros

Outro lucense de 28 anos foi imputado en calidade de investigado polos mesmos feitos. Ao parecer, cometeron varios furtos no termo municipal de Castroverde dende o mes de febreiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo na localidade de Castroverde a un veciño de Lugo de 47 anos por un delito continuado de roubo. Canda el, tamén se imputou a outro lucense de 28 anos en calidade de investigado. Atribúeselles a presunta autoría de varios roubos no municipio, grazas aos que se terían feito con gasóleo e material agrícola por valor de 4.500 euros.

Os feitos tiveron lugar desde o pasado mes de febreiro, data na que se tivo coñecemento de varios roubos cometidos no termo municipal de Castroverde. Segundo relataron fontes do Instituto Armado, os presuntos autores apropiáronse de gasóleo, ferramentas, útiles agrícolas e material apícola. Todo iso cun valor aproximado de 4.500 euros. O seu modus operandi baseábase en actuar de noite e encapuchados, co fin de non ser identificados.

A investigación continúa aberta e a Garda Civil non descarta máis detidos ou investigados en relación con estes feitos.

ÚLTIMAS

Lugo anuncia a nova licitación do bus urbano e a creación dun Consorcio do Centro Histórico

O Concello de Lugo celebrou este luns o pleno sobre o estado da cidade,...

Arquivada a causa contra o loteiro de Lugo investigado por simular un atraco de 400.000 euros

O Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo decretou o sobresemento e arquivo provisional...

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...