InicioPolíticaA Deputación anuncia a roza de estradas e o PP ve demora...

A Deputación anuncia a roza de estradas e o PP ve demora nestas tarefas

Tomé anunciou a adxudicación dos últimos lotes do contrato de roza, pero Elena Candia ve "inconcibible" que estes labores non estean xa concluídos a estas alturas, "a piques de rematar o verán".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación rematou este venres coa adxudicación do servizo de roza nas vías provinciais, unhas tarefas que agardan iniciar definitivamente no mes de setembro. O Partido Popular, pola súa parte, critica a demora neste asunto. “O tempo pasa e as estradas seguen cheas de maleza a finais de agosto”, din.

O presidente provincial, José Tomé, indicou que xa comezaron os labores de roza en varias estradas de Lugo. Así mesmo, destacou que a Xunta de Goberno deste venres adxudicara os últimos tres lotes, os que afectan a Mondoñedo e Abadín; Negueira de Muñiz e Navia de Suarna; e, finalmente, Bóveda, A Pobra do Brollón e Monforte. “Así xa quedan adxudicados os 24 lotes nos que está dividido o contrato”, explicou. Estimou que no mes de setembro xa estarán iniciadas estas tarefas ao longo de toda a provincia.

UNHA SITUACIÓN “INCONCIBIBLE” A ESTAS ALTURAS DO VERÁN

Estes prazos que manexa a Deputación son vistos con ollos críticos dende o PP provincial. A voceira do grupo, Elena Candia, pediu que se “axilicen as rozas” porque “é inconcibible que, a piques de rematar o verán, estes labores estean sen acometer”. Así, reprobou a “falta de previsión” do goberno provincial ante unha situación que ven “insustentable”.

Ademais do “perigo” para os condutores, Elena Candia lembrou que é “nestes meses” cando “o risco de incendios é maior debido ás altas temperaturas”, polo que a maleza que enche as marxes das vias provinciais “non axuda a previr a propagación de posibles lumes”.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...