InicioSucesosDetido un veciño de Muimenta por atar un home para roubarlle 6.000...

Detido un veciño de Muimenta por atar un home para roubarlle 6.000 euros

Por outro lado, dous mozos de 20 e 24 anos tamén están a ser investigados por subtraer varias xanelas de aluminio dun local social de Guntín, elementos valorados nuns 1.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- A Garda Civil detivo un veciño de Muimenta (Cospeito) na capitalidade municipal como suposto autor dun delito de roubo con violencia e intimidación.

O individuo, de 48 anos, está relacionado cuns feitos ocorridos o 18 de decembro de 2018 a iso das 20.30 horas. Supostamente, unha ou varias persoas encapuchadas terían accedido ao interior dunha vivenda na que, ao atopar o habitante da mesma, decidiron tiralo ao chan e atalo. Acto seguido, subtraéronlle máis de 6.000 euros que o home tiña agochados no seu domicilio. A persoa detida xa foi posta a disposición xudicial.

FURTO NUN LOCAL SOCIAL DE GUNTÍN

Por outra banda, a Garda Civil imputou en calidade de investigados a dous mozos de Lugo (de 20 e 24 anos de idade) como supostos autores dun delito de furto no que terían subraído varias xanelas de aluminio dun local social en Guntín.

Os dous mozos foron detidos ás 10.00 horas deste martes na capitalidade lucense. Segundo informou a Benemérita, os feitos delituosos ocorreron o pasado 9 de agosto, cando os presuntos autores subtraeron “once follas de xanelas de aluminio de cor branca”, valoradas en 1.000 euros, e que pertencían ás instalacións dun local social situado no termo municipal de Guntín.

 

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...