InicioCulturaDegustáronse 250 litros na VIII Festa do Viño de Negueira de Muñiz

Degustáronse 250 litros na VIII Festa do Viño de Negueira de Muñiz

A VIII Festa do Viño de Negueira de Muñiz reuniu a 600 veciños na degustación de variedades de 14 adegas nun evento de promoción económica e turística

PUBLICADA O

- Advertisement -

A VIII Festa do Viño de Negueira de Muñiz, organizada pola Asociación para a Defensa das Variedades Autóctonas e Viñedos da Ribeira do Navia, contou coa presencia de representantes da Deputación de Lugo, que colabora coa celebración desta cita vitivinícola cunha achega económica de 2.000 euros dentro da súa aposta por promocionar os produtos autóctonos e impulsar o crecemento no sector turístico, na procura dun modelo máis competitivo e rendible, así como a economía desta zona da provincia. Esta achega económica engádese á do propio Concello de Negueira, que tamén instalou a carpa.

O presidente do executivo provincial, Darío Campos Conde, subliñou que “un ano máis, dende o Goberno da Deputación colaboramos coa Festa do Viño de Negueira de Muñiz, unha cita consolidada no calendario festivo da provincia, porque somos conscientes da importancia de apoiar este tipo de iniciativas que poñen en valor os produtos lucenses, dándoos a coñecer, e que incentivan o turismo, pois se prevé a participación de máis de 600 veciños”.

Así mesmo apuntou que “esta zona da provincia conta cunha gran variedade de viños, que debido ás peculiaridades climatolóxicas, pois son os que a máis altura da provincia se producen, gozan dun sabor e unha textura diferentes que os fan únicos en todo o mundo. Con esta cita, dende os Executivos Provincial e Municipal queremos poñer en valor o traballo diario e meticuloso que desenvolven durante todo o ano os viticultores da Montaña lucense, véndose reflectido na importancia e calidade dos nosos viños”.

14 viticultores e 250 litros de viño

A Asociación para a Defensa das Variedades Autóctonas e Viñedos da Ribeira do Navia, coa colaboración de Deputación e Concello, reuniu para a feira a 14 viticultores da Comarca que expuxeron e tiveron a venta as súas producións por 6 euros a cunca de madeira. En total, foron uns 250 litros de viño os que se ofreceron durante toda a xornada, así como alimentos producidos na zona, tales como embutidos, queixos, pan, froitas ou hortalizas elaboradas artesanalmente. A Festa do viño incluíu unha degustación gratuíta de viños tintos e brancos das adegas participantes e postos de polbo e churrasco. Xa pola tarde, os asistentes puideron gozar das actuacións musicais da orquestra Charleston Big Band e o dúo Estrellas.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...