InicioDeportesO Rácing Vilalbés cae eliminado en semifinais (1-0)

O Rácing Vilalbés cae eliminado en semifinais (1-0)

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Rácing Vilalbés perdeu 1-0 fronte o Atlético Levante no partido de volta das semifinais polo ascenso a Segunda División B e quedou eliminado da loita por subir de categoría. Un gol de Álex Cortell no minuto 82 certificou a vitoria do filial levantinista no partido xogado na cidade deportiva do Levante U.D. Na ida disputada na Madalena de Vilalba, o encontro rematou 1-1 con gol local do dianteiro Sergio Arias no minuto 2.

O Vilalbés rematou terceiro no primeiro grupo de Terceira División e superou a primeira rolda despois de eliminar ao Atlético Pulpileño na quenda de penaltis.

Atlético Levante 1: Cárdenas; Alberto, Iván Moreno, Mongil, Kaiser, Andreu (El Hacen no minuto 80), Joan, Fran Manzanara, Juan Delgado, Álex Cortell, Manu Viana (Quintana no minuto 92).

Rácing Vilalbés 0: Marcos; López, David Buyo, Xusto, Antonio, Javi Varela (Vérez no minuto 84), José Varela, Make (Pablo Vivero no minuto 84), Sergio, Villarés, Rubén Gómez (Álex Pérez no minuto 71).

Partido arbitrado por Kevin Javier Moreno, do comité murciano. Tarxetas amarelas aos racinguistas David Buyo e José Varela.

Foto do perfil de Twitter do Rácing Vilalbés (@RacingVillalbes).

ÚLTIMAS

Conta atrás para o ‘Caudal Fest’

A sétima edición do Caudal Fest conta os días para a súa celebración. Este...

A Xunta declara como proxecto industrial estratéxico a construción da planta de biometano no polígono do Ceao

O Consello da Xunta aprobou este luns a declaración como proxecto industrial estratéxico a construción dunha...

Incendio en Barreiros estabilizado tras arrasar 80 hectáreas

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia deu por estabilizado esta mañá...

Cinco brigadistas ingresados con queimaduras graves tras o lume de Barreiros

Os cinco brigadistas feridos nun incendio rexistrado no municipio lucense de Barreiros foron trasladados...