InicioCulturaO BNG di que os grupos e artistas de Lugo serán os...

O BNG di que os grupos e artistas de Lugo serán os protagonistas do San Froilán

Prevén a presenza de 50 artistas lugueses, que actuarían como teloneiros dos grupos máis coñecidos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Logo de que o PP acusase o BNG por “falta de traballo” respecto do San Froilán, os nacionalistas expoñen un dos anuncios que fixeron na reunión da Comisión de Festas deste luns. Segundo a edil de Cultura, Maite Ferreiro, os protagonistas das patronais serán os grupos e artistas de Lugo. 

“Estamos a traballar coas propostas que nos fixeron chegar os distintos grupos da corporación”, dixo Maite Ferreiro, que presidiu a xuntanza. Asegurou que dende a súa área se está confeccionando a programación e definindo os espazos. A súa idea é que se lle dea moita importancia ao talento local, de maneira que prevén a presenza de 50 artistas da cidade.

“Os grupos locais actuarán como teloneiros nos concertos dos grupos máis importantes”, polo que poderían actuar nos escenarios principais das festas. “Estamos a escoitar todas as propostas que nos están a chegar porque imos facer desta edición do San Froilán a grande festa do outono galego”, concluíu Maite Ferreiro.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...