InicioPolíticaO PP critica a "falta de traballo do BNG" para o San...

O PP critica a “falta de traballo do BNG” para o San Froilán, unhas patronais “pechadas por vacacións”

O concelleiro popular Javier Vázquez di que o único que lles preocupou aos nacionalistas foi a polémica contratación de Def con Dos. Aseguran que eles xa presentaron máis de 20 propostas, tanto de actividades concretas como de posibles artistas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP de Lugo critica o BNG por “pechar as patronais por vacacións” a menos de dous meses para que comece o San Froilán. O concelleiro Javier Vázquez critica que iso é o que queda patente tras a xuntanza da comisión de festas, na que percibiu unha “falta total de traballo e de interese” do goberno polo San Froilán.

Vázquez está convencido de que o único que lle urxiu ao BNG foi a contratación de Def con Dos, cuxo anuncio espertou a polémica na política local. Denuncia que a única actuación pechada para o vindeiro San Froilán estea envolta de fins políticos. Así pois, para os populares a “falta de traballo” dos nacionalistas é evidente, xa que segundo eles só optaron por xerar controversia.

AS PROPOSTAS DO PP

Namentres, o grupo do PP gábase de ter rexistrado xa catro escritos con máis de vinte propostas encamiñadas a facer do San Froilán “unhas festas para todos”. Entre as súas suxerencias está a de crear o premio San Froilán de Ouro, un galardón que recoñecería unha persoa de fóra do concello que traballe a prol do San Froilán ou do municipio en xeral, ben sexa a través da cultura, ciencia, deporte ou calquera outra actividade. “O que buscamos é que o San Froilán medre e se recupere da decadencia dos últimos anos. Queremos darlle un novo aire, polo que pensamos que esta proposta só pode ir encamiñada a facer do San Froilán unha festa máis integradora”, explicou Javier Vázquez.

Ademais diso, o PP presentou diferentes opcións de concertos: Café Quijano, Leiva, Sidecars, Pablo Alborán, India Martínez, Luz Casal, Joaquín Sabina ou Los Sabandeños. Así mesmo, tamén buscan que os máis pequenos coñezan a historia das patronais a través de visitas guiadas á capela de San Froilán da Catedral.

+ posts

ÚLTIMAS

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

O PP recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa de Guitiriz

O PP de Guitiriz recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa ao consideralo...

O PSdeG de Muras acusa ao BNG de impedir intervir á súa voceira

O PSdeG de Muras denunciou que o alcalde, Manuel Requeijo, impediu intervir á voceira...