InicioSociedadeFacua denuncia que un lucense continuou pagando ano e medio un seguro...

Facua denuncia que un lucense continuou pagando ano e medio un seguro vinculado a un préstamo xa amortizado

A aseguradora BanSabadell seguiulle cobrando o seguro de vida vinculado a un préstamo para comprar un vehículo que xa estaba amortizado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Facua denuncia que a aseguradora BanSabadell seguiulle cobrando a un veciño de Lugo durante ano e medio un seguro de vida vinculado a un préstamo para comprar un vehículo que xa estaba amortizado. Finalmente, a compañía terminou devolvéndolle os 251 euros que pagara a maiores.

O afectado, tal e como relata a organización de consumidores, contratara unha póliza que lle cubriría durante os cinco anos que lle levaría o pago do coche. Entre as condicións do seguro de vida, asegura Facua, estaba a posibilidade de cancelación en caso de amortizar de forma anticipada a totalidade do préstamo.

Conforme a isto, o denunciante decidiu abonar a totalidade do préstamo do coche ao ano seguinte de compralo e solicitou por escrito a cancelación da póliza. No entanto, “non obtivo resposta” por parte da compañía de seguros e continuou cobrándolle a prima da póliza, asegura Facua.

Tras a reclamación por parte da asociación de consumidores, segundo informa, a aseguradora procedeu en novembro de 2018 á cancelación da póliza e reintegrou a cantidade de 251,45 euros que o denunciante pagara a maiores.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...