InicioSociedadeO acceso de tráfico ao casco histórico controlarase con cámaras de lectura...

O acceso de tráfico ao casco histórico controlarase con cámaras de lectura de matrícula

Lara Méndez respondeu ás críticas polo traslado da estación de autobuses á intermodal. Asegurou que esa medida favorecerá a funcionalidade da cidade, ademais de cumprir cunha directriz europea.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o xefe da Policía Municipal, Jesús Piñeiro, presentaron este venres o novo control de acceso ao centro histórico da cidade, cun investimento próximo aos 350.000 euros, que se fará con cámaras de lectura de matrícula.

Este proxecto, vinculado aos orzamentos do pasado ano, será xa aprobado a próxima semana en xunta de goberno, contando que “en tres ou catro meses se licite”, explicaron. A idea é que o novo sistema estea en marcha cinco meses despois diso.

Así pois, nas seis entradas e saídas que están operativas ao redor da muralla, eliminaranse os bolardos ‘retractís’. Foran instalados no 2001 co obxectivo de restrinxir a circulación intramurallas, pero co novo sistema de cámaras xa non serán precisos.

Con este medida tamén se persegue “unha menor contaminación ambiental, así como unha redución de contaminación acústica ao evitar vibracións nunha zona onde temos o maior patrimonio de Lugo”, explicou Lara Méndez. Ademais, a alcaldesa aventurou que ditas cámaras de lectura de matrículas redundarán nunha “maior axilidade e un maior control de acceso ao centro”. Permitirase a entrada aos residentes, sobre tres mil, e tamén para as zonas de carga e descarga. As sancións previstas son de 80 euros “por circulación en zona peonil sen autorización”, avisan.

ESTACIÓN DE AUTOBUSES

Por outra banda, Lara Méndez replicou a aquelas voces que se opoñen a que a estación de autobuses se incorpore á intermodal. Lembrou que “unha das directrices que marca a axenda 20/30 europea é a intermodalidade”.

“Nós, por convicción, queremos cidades funcionais, queremos cidades operativas, cidades competitivas. A intermodalidade vainos dar todos eses parámetros”, resolveu. Así mesmo, advertiu que desde a intermodal, prevista na zona da estación de ferrocarril, disporanse autobuses urbanos como “lanzadeiras” para acceder ao centro da cidade.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...