InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaA Montaña percibe o segundo maior investimento por concello da Deputación

A Montaña percibe o segundo maior investimento por concello da Deputación

Os nove concellos da Montaña percibiron 23,5 millóns de euros en dous anos e medio, o que os coloca coma os segundos máis beneficiados do gasto da Deputación de Lugo dende que comezou o mandato de Darío Campos Conde

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Presidente, Darío Campos Conde, detallou este venres o investimento de máis de 129 millóns que o Goberno Provincial achegou nos dous anos e medio que leva á fronte da Deputación aos máis de 300.000 veciños dos 67 Concellos. Campos Conde avanzou que “estes fondos públicos de todos os veciños” no organismo provincial se destinaron á execución de 1.220 obras, á xeración de 1.500 empregos e 10.000 prazas de Teleasistencia gratuíta e Servizo a Domicilio a non dependentes, e a 4.200 axudas en impulso do deporte, turismo e cultura.

O titular provincial explicou a súa distribución por Comarcas, remarcando que “somos unha Deputación coas persoas, sumamente social e rural, que traballa para construír por todos os lucenses ante o desleixo dunha Xunta de Galicia e un Goberno Central inexistentes na nosa provincia”. Segundo precisou, os concellos da Montaña son os segundos maiores beneficiados do investimento da Deputación, só por detrás da Comarca de Lugo, que percibiu 22 millóns para 8 municipios.

Deste xeito, son 23,5 millóns os que o Goberno da Deputación achegou aos veciños dos Concellos da Montaña (Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Ribeira de Piquín). Desta cantidade, 20,5 millóns foron para infraestruturas de toda índole –social, deportiva, cultural, estradas, traídas de auga, rúas, saneamentos, alumeados públicos, etcétera–; 2,5 millóns para o fomento do Estado do Benestar mediante a xeración de 130 novos postos de traballo, 60 prazas de Teleasistencia gratuíta e Servizo a Domicilio a non dependentes e contribuír á atención profesional que ofrecen entidades sociais sen ánimo de lucro; e máis de 550.000 euros á dinamización económica e social mediante o deporte, a cultura e o turismo, colaborando con colectivos en impulso destes sectores.

ÚLTIMAS

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...

A 173 km/hora onde só se permite 80: un condutor é investigado en Lugo por exceso de velocidade

A Garda Civil investiga ao condutor dunha moto, de 45 anos de idade, por...

Morre un motorista tras chocar contra o peche dunha leira en Castro de Rei

Un motorista de 66 anos, JMCF, faleceu este mércores ao sufrir unha saída de...

Lugo medirá o ruído ambiente en tempo real durante o San Froilán

A xunta de goberno do Concello de Lugo autorizou este mércores a adquisición dun...