InicioSociedadeO traslado da estación de buses á futura intermodal: "unha barbaridade"

O traslado da estación de buses á futura intermodal: “unha barbaridade”

Lugo Monumental cre que a nova ubicación é "máis incómoda" e afastada da cidade. Só ven comprensible esa medida unha vez que se melloren as conexións ferroviarias con Lugo e aumente a demanda da intermodalidade. O colectivo ecoloxista ADEGA tamén se opón.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O colectivo de empresarios Lugo Monumental e a organización ecoloxista Adega manifestaron este venres o seu rexeitamento a que a estación de autobuses sexa desprazada á futura intermodal, que se situaría nunha zona máis afastada do casco histórico da cidade.

En declaracións aos medios, o presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, considerou esa idea como “unha barbaridade”, algo no que coinciden ambas asociacións, a pesar de ser “moi diferentes”. Latorre non ve “xustificación algunha” para o traslado da estación de autobuses dende a súa actual localización—”céntrica e cómoda” (na praza da Constitución, ao pé da Muralla)— á zona de Conde Fontao. Segundo el, trátase dunha ubicación “máis incómoda” e afastada do centro, que non ten razón de ser neste momento.

De feito, o representante dos negocios do casco histórico de Lugo criticou que se acometa “unha obra multimillonaria” cando a demanda de intermodalidade nos transportes públicos é practicamente “nula” en Lugo a día de hoxe. Porén, pediu que se faga a estación de tren e que se facilite a conexión do AVE coa cidade. Só daquela –cando “si que veñan trens”- será comprensible o traslado da estación de autobuses a esa nova localización, di. Mentres tanto, insiste en que dita a medida é unha “barbaridade”

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...