InicioPolíticaJaime de Olano, o deputado do PP por Lugo que se achegou...

Jaime de Olano, o deputado do PP por Lugo que se achegou á cúpula de Casado

Os populares da provincia tamén se congratulan polas recentes designacións dos senadores lugueses en "destacadas" Comisións da Cámara Alta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado do PP  no Congreso Jaime de Olano será un dos poucos galegos na nova cúpula de Casado. O ex concelleiro de Viveiro asumirá o cargo de vicesecretario de Participación na nova dirección do Partido Popular (PP), coa que o líder da formación conservadora, Pablo Casado, se rodeou dos seus afíns.

De Olano xa fixo hoxe as primeiras declaracións en sintonía coa postura da executiva do partido. O deputado por Lugo afirmou que o pacto alcanzado en Navarra polo PSOE con Geroa Bai, Podemos e Esquerda-Ezkerra (I-E) “pecha completamente a porta” á posibilidade de que o PP facilite dalgún modo a investidura de Pedro Sánchez.

Podes ler máis información a respecto das súas declaracións no Galicia Confidencial.

CARGOS DOS SENADORES DO PP POR LUGO

Por outra banda, os senadores electos pola provincia de Lugo, Xosé Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Varela Rodríguez, veñen de ser designados en “destacadas” Comisións da Cámara Alta, segundo explican dende o partido.

Logo do nomeamento de Jaime de Olano como vicesecretario de Participación e da designación de Barreiro como voceiro de Economía no Senado, coñecéronse novas responsabilidades de varios lucenses en Madrid. Por un lado, o propio Xosé Manuel Barreiro será o voceiro adxunto do Grupo Parlamentario Popular nesta cámara; vicepresidente da Comisión de Economía e Empresa; voceiro da Comisión de Incompatibilidades e vogal en varias comisións ( a de Ciencia, Innovación e Universidades e a Xeral das Comunidades Autónomas).

Rosa Arza formará parte das Comisións de Dereito da Familia e Adolescencia e ocupara a portavocía de Familia, ademais de ser voceira adxunta da Comisión de Incompatibilidades e membro da de Función Pública.

Por último, Manuel Varela Rodríguez estará nas Comisións de Industria, Turismo e Comercio. Será o voceiro desta última. Ademais, tamén se sumará á Comisión Xeral das CC.AA e á de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

VALORACIÓN DO PP DE LUGO

A presidenta provincial do PP, Elena Candia, salientou que  “Lugo gaña” con estes nomeamentos de representantes populares en Madrid. “Serán altofalantes da nosa provincia“, asegurou. Para ler máis información sobre estas valoracións, podes ir ao Xornal da Mariña.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...