InicioMedioambiente e PatrimonioA Xunta integra o persoal de Seaga no seu plan antiincendios en...

A Xunta integra o persoal de Seaga no seu plan antiincendios en Lugo

Unifica as brigadas dependentes de Medio Rural e estoutras que xa actuaban como reforzo durante os pasados anos. Serán, en total, 116 traballadores na provincia de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo conta con 29 novas brigadas para a prevención e loita contra os lumes forestais, cada unha delas con catro compoñentes. Son, en total, 116 traballadores que reforzan este servizo de protección dos nosos montes.

Trátase de persoal, na súa inmensa maioría, que formaba parte das antigas brigadas de verán que dependían da empresa pública Seaga e que agora foron integrados directamente pola consellería do Medio Rural, que unificou as listas de contratación.

Entre as vantaxes desta integración está, por exemplo, a ampliación da duración dos contratos: O ano pasado traballaron 4 meses, este ano foron contratados por 5 meses (ata finais de ano) e a partir de 2020 e cara o futuro, traballarán medio ano.

As brigadas contan con catro compoñentes: xefatura de brigada, peón condutor e dous peóns máis, que realizan distintas funcións, principalmente labores de extinción en caso de incendios forestal e outras medidas preventivas en caso de necesidade. Hai novas brigadas en todos os distritos forestais da provincia de Lugo: 4 na Mariña lucense, 7 no distrito de Fonsagrada e Os Ancares, 7 en Terra de Lemos, 6 no distrito de Lugo-Sarria e 5 brigadas na Terra Cha.

As antigas brigadas de verán que contrataba Seaga servían para reforzar durante o verán as que Medio Rural ten operativas ao longo do ano, así como as que contrata en réxime fixo-descontinuo, polo tanto, constitúen un operativo de reforzo, segundo a Xunta.

Sumando estas novas brigadas, este ano, o operativo de verán na provincia de Lugo está integrado por uns 1.300 efectivos, entre persoal da Xunta, dos concellos, e o persoal contratado para as brigadas helitransportardas.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...