InicioLugo e contornaRepresentantes lucenses do PP nas Cortes: "Lugo e Galicia non existen para...

Representantes lucenses do PP nas Cortes: “Lugo e Galicia non existen para Sánchez”

Os deputados Jaime de Olano e Joaquín García Díez, amais do senador José Manuel Barreiro, critican o discurso do debate de investidura por estar "baleiro de contido" en canto a medidas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Representantes lucenses do PP nas Cortes lamentan que “Lugo e Galicia non existan para Sánchez”. Os deputados Jaime de Olano e Joaquín García Díez, ademais do senador José Manuel Barreiro, expresan así a súa insatisfacción tras o discurso do presidente en funcións no debate de investidura deste luns 22 de xullo.

“Sánchez non citou a Galicia nin unha soa vez: nin unha soa palabra sobre pesca e sobre agricultura, só nomeala. Moito Plan Estatal, Acordo Marco, Estatuto…; pero nada de medidas concretas. Foi un discurso descritivo dunha situación, pero nada proposititivo”. Deste xeito o ven dende o PP. Entenden que a intervención do presidente en funcións está “baleira de contido”.

Ademais, acúsano de “facer seus” os “éxitos logrados co Goberno de Rajoy en materia de pensións, crecemento, déficit, emprego, etc”. Non queda aí a valoración negativa do PP. “Estivo plano e non foi capaz de trasmitir ilusión nin aos seus”, conclúen.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo triplica o orzamento das axudas do programa ‘O que non arde’

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo acaba de abrir un novo prazo para...

Achado morto ao octoxenario desaparecido en Láncara

Un octoxenario foi achado este sábado sen vida tras levar varias horas desaparecido no...

Detido un home que se desprazaba en patinete para vender droga en Lugo

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun delito de...

Colisión frontal en Lugo deixa tres persoas hospitalizadas

Tres persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada tras unha colisión...