InicioSucesosA alcaldesa de Vilalba denuncia que fracasaron "todas as ferramentas para evitar...

A alcaldesa de Vilalba denuncia que fracasaron “todas as ferramentas para evitar as últimas consecuencias da violencia machista”

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, lamentou o “fracaso de todas as ferramentas” previstas na Lei para evitar a morte, como consecuencia da violencia machista, de María del Carmen Vázquez Cereijo, a muller de 47 anos que presuntamente foi asasinada este pasado fin de semana polo seu marido, co que estaba en trámites de separación.

En declaracións a Efe, a rexedora local informou de que o Concello de Vilalba decretou tres días de loito oficial pola “fonda tristeza” que provocou este crime entre os veciños do municipio. “Mestúrase esa fonda tristeza coa indignación e o rexeitamento total a este tipo de sucesos”, dixo a alcaldesa, porque ademais da violencia machista, neste caso púxose de manifesto o “fracaso das ferramentas” para protexer ás mulleres cando están nunha situación de vulnerabilidade.

“Vimos o fracaso de todas as ferramentas para evitar que se chegue ás últimas consecuencias da violencia machista”, lamentou, dado que María del Carmen Vázquez foi presuntamente asasinada o seu marido cando un xuíz xa decretara unha orde de afastamento con respecto á vítima e tiña prohibido achegarse a ela a menos de 300 metros.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...