InicioSociedadePolémica en Outeiro de Rei logo de que Sanidade pechara a piscina...

Polémica en Outeiro de Rei logo de que Sanidade pechara a piscina municipal

Dende o BNG denuncian que esta situación xa se viviu outros anos e acusan o alcalde de "querer afogar economicamente" o club que rexenta as instalacións para "facerse con elas a prezo de saldo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG de Outeiro de Rei pide explicacións ao goberno local polo peche, ordenado pola Consellería de Sanidade, da piscina de uso municipal. Estas son unhas instalacións que a administración local poñía ao dispor dos veciños do concello mediante un convenio co ‘Club de Campo e Tiro de Bonxe’.

Segundo informou en declaracións aos medios o portavoz do grupo municipal do BNG, Xosé Ferreiro, “a piscina coa que existía un convenio desde hai anos foi pechada por Sanidade e a xente de Outeiro de Rei ten que acudir aos municipios limítrofes ou a piscinas privadas” para “pasar as tardes de verán”.  “Nesta ocasión, do mesmo xeito que xa sucedera en anos anteriores, Sanidade procedeu ao peche desa instalación debido ás graves deficiencias que presenta”, aclarou o edil nacionalista.

Os “actuais xestores do club propietario desa piscinaxa se veñen queixando da tacañería do Concello” no coidado da mesma, di Ferreiro. “Non fai os investimentos necesarios para o seu óptimo mantemento”, o que dá lugar aos “problemas que fan que” agora “estea pechada”.

“Parece coma se o alcalde de Outeiro de Rei -José Pardo Lombao (PP)- quixese afogar economicamente a este club para facerse coas súas instalacións a prezo de saldo”, pero “as consecuencias acábanas pagando os nenos e nenas, que se pasan a metade do verán sen piscina”,

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...