InicioSociedadeUnha aula móbil permitirá que alumnos de Primaria e da ESO aprendan...

Unha aula móbil permitirá que alumnos de Primaria e da ESO aprendan sobre aeronáutica en Lugo

A Xunta e a multinacional Boeing colaboran nun proxecto que pretende estimular as carreiras técnico-científicas entre os máis novos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo será a primeira parada dunha aula móbil pensada para formar alumnos de Primaria e Secundaria en matemáticas e aeronáutica a través de experiencias prácticas. No proxecto, que chegará en outubro á cidade, colaboran a Xunta e a multinacional Boeing.

Así o anunciou a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, durante a inauguración da sétima edición do congreso de Isarra (Sociedade Internacional de Investigación Atmosférica Usando Aeronaves Remotamente Tripuladas).

Durante a súa intervención, a directora de GAIN explicou que a aula móbil, que levará o nome de Newton, constitúe unha das actuacións previstas dentro do programa que a Xunta levará a cabo cos socios Indra, Babcock e Boeing para estimular as carreiras científico-tecnolóxicas entre os máis novos.

O AERÓDROMO DE ROZAS

Esta iniciativa enmárcase dentro da ‘Civil UAVs Initiative’, un proxecto lanzado pola Xunta no 2016 para desenvolver en Galicia un polo tecnolóxico e industrial arredor dos vehículos non tripulados para uso civil. Para este obxectivo válese de infraestruturas como o aeródromo de Rozas.

Neste contexto, Argerey apuntou que a Xunta “seguirá apostando” por este sector “maduro”, que inviste en I+D “moi por encima da media nacional” (12%). Salientou tamén que produce un “efecto dinamizador e acelerador da economía”, xa que, segundo as súas cifras, por cada euro investido en I+D no sector incrementa o PIB en 7 euros.

Ademais, a directora de GAIN insistiu no compromiso da Administración autonómica con este polo aerospacial, cuxo investimento público-privada total ascende a 164 millóns de euros.

CONGRESO DE ISARRA

O congreso de Isarra  (Sociedade Internacional de Investigación Atmosférica Usando Aeronaves Remotamente Tripuladas) celébrase entre este luns e o vindeiro martes 23 no Centro de Investigación de Rozas e no Campus Universitario de Lugo. Esta conferencia, que está organizada polo Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), reúne na cidade a uns 60 expertos internacionais na materia.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo...

Gala dos Mestre Mateo: a forza do talento galego reúnese en Lugo

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos...

A Deputación participa na xornada de conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o Deputado de Participación...

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado...