InicioPolíticaO BNG espera que sexa o PSOE quen inicie as negociacións para...

O BNG espera que sexa o PSOE quen inicie as negociacións para a Deputación

O nacionalista Efrén Castro explicou que unha esixencia do seu partido é a transparencia

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O futuro deputado provincial do BNG, Efrén Castro, confirmou que o partido nacionalista e o PSdeG aínda non empezaron a negociar para constituír un goberno de coalición na Deputación de Lugo.

Ambos partidos deben sumar os seu deputados na corporación provincial, trece en total -tres do BNG e dez do PSdeG-, para contar con maioría absoluta no pleno da Deputación e evitar que goberne o Partido Popular -que ten 12 representantes-.

En todo caso, Castro asegurou que no BNG están á espera de que sexan os socialistas os que dean o primeiro paso e “leven a iniciativa” na procura dun acordo de goberno, para investir a alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé como novo presidente da institución provincial. Recoñeceu que si que houbo contactos por parte das executivas nacionais, aínda que “non entraron en detalles concretos da Deputación de Lugo, senón que trataron as liñas xerais do conxunto das deputacións”.

En canto ás condicións que poñerán os nacionalistas sobre a mesa para alcanzar ese acordo, dixo que o BNG pedirá “que se constitúa unha deputación democrática, equitativa e cunha repartición de fondos transparente”. En todo caso, aclarou que neste momento os prazos están claros para completar as negociacións e a data límite é o 18 de xullo, día no que se celebrará a constitución da corporación provincial. EFE

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...