InicioSociedadeUnha oportunidade para que a mocidade coñeza os servizos que presta a...

Unha oportunidade para que a mocidade coñeza os servizos que presta a Garda Civil

Os alumnos do Campus de Verán que organiza o Rácing Club Vilalbés asistiron a unha exhibición e exposición de medios deste corpo do Estado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Amosarlle á cidadanía os labores e servizos que desempeña a Garda Civil é tamén unha actividade á que se lle dedica un tempo dende este corpo. Neste caso, foron os alumnos do Campus do Rácing Club Vilalbés os que asistiron como público a unha exposición de medios e a unha demostración da Garda Civil. En total, participaron 32 rapaces con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos.

No acto celebrado este mércores 3, que contaba coa colaboración dos Bombeiros e de Cruz Vermella, tamén estiveron presentes a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro (PSOE). Era o primeiro evento que compartían estas dúas políticas e cadrou que consistía “nunha actividade na que se demostra o compromiso da Garda Civil cos nenos e nenas deste Concello”, segundo expresou Rodríguez, satisfeita.

A subdelegada valorou moi positivamente a actividade que organizou o Campus de Verán do Rácing Club Vilalbés. Coida que é moi importante que “a sociedade, e moi especialmente a mocidade, estea informada” e familiarizada cos servizos que prestan as forzas de seguridade do Estado. Así mesmo, tamén agradeceu o labor que desenvolve a Garda Civil nas escolas para concienciar sobre o acoso, a violencia de xénero ou as estafas.

Pola súa parte, a rexedora de Vilalba tamén agradeceu o compromiso da Garda Civil para fomentar a convivencia e louvou o traballo do Rácing Club Vilalbés a prol do deporte e dos hábitos saudables.

Na exhibición, que se levou a cabo no campo de fútbol Roca de Vilalba, participaron persoal e vehículos de Seguridade Cidadá, de Tráfico e do Seprona, ademais de efectivos da Cruz Vermella e dos Bombeiros.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...