InicioEconomíaGuitiriz ou A Pastoriza, entre os concellos máis apoiados por Medio Rural

Guitiriz ou A Pastoriza, entre os concellos máis apoiados por Medio Rural

A Consellería investiu 154 millóns de euros en Lugo en 2017 – O gasto de Medio Rural supera no 92 por cento dos casos ao da Deputación pola xestión dos fondos da PAC ou os gastos en prevención de incendios

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural investiu na provincia de Lugo 154 millóns de euros durante o pasado ano, segundo informou o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro. O representante do goberno autonómico salientou que o rural ten un peso específico “tanto desde o punto de vista económico, pola importancia dos sectores agrogandeiro e forestal, como desde o punto de vista da poboación residente nas 1.251 parroquias rurais das nosas vilas e pobos”.

Balseiro incidiu na importancia das achegas de Medio Rural, pois “en máis da metade dos concellos, 34 dos 67, as axudas da Consellería superan ao orzamento municipal“. A relevancia é tal que hai casos, como o da Pastoriza, no que as axudas duplican a capacidade económica municipal (5,3 millóns fronte aos 2,2 propios); ou que supoñen unha importante diferencia, coma en Láncara (3,2 fronte a 1,9) ou Guitiriz (4,6 contra 3,3).

O delegado insistitu en comparar o investimento de Medio Rural co realizado pola Deputación. No 92 por cento dos concellos lucenses, o investimento desta Consellería supera as aportacións realizadas polo goberno provincial: todos salvo Burela, Cervo, Ribadeo, Ribas de Sil e Viveiro. E hai casos nos que chega a duplicar ou triplicar o gasto da Deputación, pola xestión dos fondos da Política Agraria Común (PAC) e os gastos de prevención de incendios e creación de brigadas municipais.

Liñas de axuda

O volume inversor corresponde a distintas liñas de axuda. En primeiro lugar, as axudas dirixidas ás explotacións agrarias suman 25,6 millóns de euros; neste apartado inclúense os plans de mellora, con máis de 18 millóns de euros, ou as axudas para a incorporación de mozos (máis de 6 millóns) e para pequenas explotacións (case 1,5 millóns), entre outras.

As obras en infraestruturas agrarias, como o plan Marco para o arranxo de camiños de titularidade municipal ou os procesos de reestruturación parcelaria, sumaron 3,6 millóns de euros.

As axudas  da Axencia Galega De Desenvolvemento Rural (AGADER) ascenderon a 4,4 millóns de euros, principalmente en impulso a proxectos empresariais a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR).

De capital importancia son as axudas do  Fondo Galego de Garantía Agraria, que xestiona os 91,7 millóns de euros das axudas da Política Agraria Común (PAC).

No servizo de Montes superaron os 10,6 millóns de euros destinados a labores de reforestación, maquinaria forestal e tecnificación, ou labores de silvicultura mediante subvencións, consorcios ou convenios cos propietarios dos montes.

Igualmente, o servizo de Prevención de Incendios superou os 6 millóns de investimento -excluídos os labores propios de extinción- en tarefas de mantemento dos montes públicos, axudas a montes veciñais e SOFOR ou convenios cos concellos para a creación das brigadas, actuación de motobombas e rozas mecánicas.

Por último, no apartado de calidade agroalimentaria outorgáronse 10,7 millóns de euros en axudas, e o servizo de apoio gandeiro xestionou 1,5 millóns de euros para as Agrupacións de defensa sanitaria, axudas a apicultores, reposición de animais sacrificados por campañas, baleiros sanitarios e indemnizacións por sacrificios obrigatorios.

ÚLTIMAS

A Garda Civil de Lugo identifica a tres autores de estafas a congregacións relixiosas

Unha investigación levada a cabo polo Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Garda...

Lugo roza este mércores os -10 graos

As temperaturas mínimas rozaron este mércores os 10 graos negativos nas provincias de Lugo...

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida e circulaba en sentido contrario

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a un condutor que circulaba en...