InicioSociedadeAdeus ao vello hospital de Lugo

Adeus ao vello hospital de Lugo

Lara Méndez insiste na "cooperación e colaboración entre administracijóns" e Feijóo asegura que o "barrio vai mellorar" con estes traballos "e vaise a vivir nel mellor que antes".

PUBLICADA O

- Advertisement -

As obras de demolición do vello hospital Xeral Calde, no barrio da Residencia de Lugo, comezaron pouco despois das 11,30 horas deste martes, coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e da alcaldesa da capital luguesa, Lara Méndez, entre unha gran expectación de veciños da zona.

Deste xeito arrincaron estes traballos que se estenderán ata outubro, e cun orzamento de case 3,3 millóns de euros, tras sete meses de “baleirado” interior; maquinaria, plásticos ou metais, e a retirada de amianto, para o que se tivo que destinar 745.000 euros.

A alcaldesa apelou “ao diálogo e á procura de colaboración e cooperación entre distintas administracións”. “E así o dixen no pleno de investidura, para seguir reivindicando as obras necesarias para a cidade de Lugo”, abundou.

Méndez destacou que estas obras supoñen “romper unha descontinuidade urbana existente” e, “por tanto unha, descontinuidade social que producía o baleiro destas instalacións”. Pola súa banda, o presidente da Xunta, quen aproveitou para “felicitar” á alcaldesa tras a súa nova investidura, considerou que con estas obras o “barrio vai mellorar”. “Vai ser un barrio novo e vaise a vivir nel mellor que antes”, sostivo.

BARRIO HISTÓRICO

“Trátase de devolver este espazo aos cidadáns e o obxectivo era recuperar este barrio histórico da cidade de Lugo. Temos que pór a disposición dos lucenses unha enorme superficie de máis de dúas hectáreas construídos sobre vellos edificios que caeron en desuso”, manifestou Feijóo.

En concreto, son 22.000 metros cadrados onde se disporá do “primeiro centro integral de saúde” de Galicia, explicou, cuxa licitación por 12 millóns de euros producirase este mércores, unha residencia para maiores dotada con 120 prazas, unha oficina de emprego, un centro de innovación tecnolóxico conectado con Rozas, e un centro de biomasa, ademais de deixarse 8.000 metros cadrados que se cederán ao Ministerio de Interior para que acondicione aí a nova comisaría.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...