InicioLugo e contornaLugoA folga da Atención Primaria en Lugo ten un seguemento do 50%,...

A folga da Atención Primaria en Lugo ten un seguemento do 50%, segundo os profesionais

A Xunta rebaixa a cifra ata un 19%.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os profesionais de Atención Primaria que convocaron este 19 de xuño unha xornada de folga en Galicia sitúan o seguimento do paro entre un 50% e case un 95% segundo as áreas sanitarias, que o Sergas reduce a unha media do 21,15%. No caso de Lugo, sería superior ao 50%.

Segundo os datos facilitados por médicos convocantes deste paro, na área sanitaria de Santiago de Compostela o seguimento sitúase “nun 50%”, mentres que na da Coruña oscila “entre o 84 e 100%”, aínda que nalgún centro de saúde non a secundan.

Pola súa banda, destacaron o respaldo na área sanitaria de Vigo con “máis do 93%”, mentres que na de Pontevedra sitúan o seguimento por parte dos médicos de familia nun 75%. No caso concreto de Ourense, área con “máis unidades” e debido á dispersión na que algúns centros contan cun único facultativo, puntualizaron que nos centros grandes está nun 50%, mentres que os unitarios “é do 100%” porque, ao haber soamente un médico –que é servizo mínimo– “só ven urxencias”.

Mentres, o Sergas sitúa o apoio na xornada de mañá nos centros asistenciais de Atención Primaria nun 21,15 por cento do persoal total chamado á folga. Por estruturas organizativas, a Consellería de Sanidade sitúa o seguimento no 11,4% na EOXI de Ourense; no 12,3% na EOXI de Lugo; 16,9%, na EOXI da Coruña; o 20,1 na de Santiago; o 29,5% na de Ferrol, o 30% na de Pontevedra e o 34,8% en Vigo.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...