InicioLugo e contornaLugoO BNG defende o seu modelo de "cogoberno" co PSOE con áreas...

O BNG defende o seu modelo de “cogoberno” co PSOE con áreas como Infraestruturas, cultura e veciñanza

Arroxo será primeiro tenente de alcalde e levará mobilidade e infraestruturas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O nacionalista Rubén Arroxo será primeiro tenente de alcalde, e farase cargo da vicealcaldía, mobilidade e infraestruturas, co apoio de Alexandre Penas como concelleiro delegado da parte concreta de infraestruturas urbanas.

Así o anunciou en rolda de prensa, arroupado por todo o grupo do BNG no Concello de Lugo, para dar a coñecer as áreas que levarán cada un do cinco concelleiros no goberno bipartito.

Maite Ferreiro tamén será tenente de alcalde e “estará na xunta de goberno”, levando cultura, turismo e promoción da lingua, con Felipe Rivas como concelleiro delegado de “a parte de educación e difusión do coñecemento”.

Cristina Fernández contarán con outra “tenencia de alcaldía”, a que antigamente se chamaba servizos xerais e “que agora será participación e servizos para a veciñanza”, onde se inclúe a xestión do mercado municipal e o cemiterio.

GARAÑÓN

Ante a reivindicación da asociación das Costas do Parque, para que se apure a demolición das torres do Garañón, paralizadas e investigadas pola xustiza, Arroxo mostrouse partidario de facelo “neste mandato”.

Outro dos retos que enfrontará o novo “cogoberno” é a peonalización da rolda da Muralla, empezando a aplicar este modelo desde a zona da Mosquera. Finalmente, Rubén Arroxo avanzou que probablemente a próxima semana se celebre o pleno de organización, onde quedará reflectido a repartición de áreas entre ambos os socios de goberno na cidade de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...