InicioLugo e contornaLugoPodemos tras as pintadas de "Iglesias vividor": "O insulto terá a educación...

Podemos tras as pintadas de “Iglesias vividor”: “O insulto terá a educación e á honestidade como resposta”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral de Podemos Lugo, José Manuel Pérez Afonso, asegurou  que o partido e a súa militancia responderán “con educación, ilusión e honestidade” a quen recurra a accións  incívicas para expresar as súas posicións políticas. Pérez Afonso referíuse así aos autores das pintadas coas que apareceu a sede de Podemos en Lugo cunha frase na que se podía ler: “Iglesias vividor”.

Seguimos a traballar para conseguir unha vida mellor para toda a xente, a que nos votou e a que non, incluso para quen nos insultan e tratan de silenciarnos. A intolerancia, o insulto e o vandalismo terán á educación, á ilusión e á honestidade como resposta”, dixo.

O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, respaldou esa posición, denunciou as pintadas na sede de Lugo e suliñou que Podemos traballa precisamente para que os seus autores “poidan facer uso da súa liberdade de expresión sen medo e sen necesidade de pintar con sprays as sedes dos partidos”.

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga unha lucense por defraudar 17.800 euros en axudas da PAC

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de...

José Tomé avisa tras deixar a Presidencia da Deputación: “Non pararei ata descubrir que hai detrás de todo”

José Tomé oficializou este martes a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo...

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...

Lugo anuncia a nova licitación do bus urbano e a creación dun Consorcio do Centro Histórico

O Concello de Lugo celebrou este luns o pleno sobre o estado da cidade,...