InicioLugo e contornaLugoPSOE e BNG xa teñen axenda para negociar un goberno de coalición...

PSOE e BNG xa teñen axenda para negociar un goberno de coalición en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PSdeG e o BNG pecharon hoxe a data e a hora do primeiro encontro que manterán os negociadores de ambos os partidos para tratar de pechar un acordo que permita conformar un goberno de coalición estable na cidade de Lugo, dado que os edís de ambos os partidos suman unha maioría absoluta de esquerda no pleno lucense.

Despois do primeiro contacto informal que mantiveron a semana pasada a alcaldesa en funcións e candidata socialista, Lara Méndez, e o aspirante nacionalista, Rubén Arroxo, os representantes de ambos os partidos reuniranse o xoves -día 6 de xuño-, a partir das 17:00 horas, no salón de comisións do Concello de Lugo.

O equipo de negociadores do PSdeG estará encabezado pola propia alcaldesa en funcións, que estará acompañada polo portavoz do goberno municipal, Miguel Fernández, e polo número 2 da súa candidatura e secretario xeral do seu partido na provincia de Lugo, Álvaro Santos.

Por parte do BNG, participará nas conversas o candidato á Alcaldía, así como dous membros da súa candidatura, a número dous e o número tres, Mayte Ferreiro e *Álex Penas, respectivamente.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...