InicioCulturaInsisten en que a RAG "repare unha inxustiza" e dedique o Día...

Insisten en que a RAG “repare unha inxustiza” e dedique o Día das Letras a Avelino Díaz, o poeta de Meira

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación Cultural “Avelino Díaz” informa de que o 15 de maio pasado foi presentada á Real Academia Galega, un ano máis, a candidatura deste poeta ao Día das Letras Galegas, neste caso do ano 2020.

Hai xa anos que esta asociación e os concellos de Riotorto e Meira decidiron organizarse para tratar de divulgar a vida e a obra de Avelino Díaz Díaz (A Órrea, 1897 – Buenos Aires, 1971), tentando que a Academia lle dedicase o Día das Letras en 2017, coincidindo co 120 aniversario do seu nacemento, ou en anos posteriores.

Ante os infrutuosos intentos de que a RAG recoñeza a este xornalista e literato, a asociación e os concellos volven insistir na necesidade de “reparar” o que consideran “unha inxustiza”. É por iso que a candidatura de Avelino Díaz foi presentada de novo para o Día das Letras do ano 2020.

Máis información, en Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...