InicioLugo e contornaCondenado a catro anos de cárcere un home por estafar a unha...

Condenado a catro anos de cárcere un home por estafar a unha muller que coñeceu por internet

O condenado, segundo a sentenza, fíxose pasar por enxeñeiro de telecomunicacións e exhibiu "un pretendido coñecemento respecto de poxas e operacións bolsistas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a catro anos de cárcere como autor dun delito continuado de estafa coa concorrencia da atenuante de dilacións indebidas a un home que conseguiu que unha muller á que coñeceu a través dunha páxina de contactos de internet lle entregase 127.000 euros.

O tribunal considera acreditado que o sospeitoso estableceu coa vítima “unha relación de amizade e confianza” da que se aproveitou “a propósito da difícil situación anímica que atravesaba a afectada, pois en datas recentes perdera á súa nai nun accidente e á súa parella sentimental por unha grave enfermidade”. O condenado, segundo a sentenza, fíxose pasar por enxeñeiro de telecomunicacións e exhibiu “un pretendido coñecemento respecto de poxas e operacións bolsistas”.

Así, convenceu á afectada para que investise a indemnización que ía recibir pola morte da súa nai na adquisición de vivendas que sairían en poxas xudiciais, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). O tribunal considera probado que a “persuadiu” para que lle entregase diversas cantidades de diñeiro que supostamente ía investir para comprar vivendas.

“O acusado non fixo ningunha xestión para a adquisición de ningún inmoble nin concorreu a ningunha poxa, apropiándose das cantidades entregadas”, subliñan os maxistrados, quen destacan que ao día seguinte da última entrega de diñeiro, simulou padecer unha grave enfermidade da que debía operarse en Estados Unidos.

“A sala estima que existe un engano  por parte do acusado para gañar a confianza da vítima e poder dispor das cantidades de diñeiro, que, ao ver a facilidade na obtención das mesmas, foi incrementando ata observar as dificultades económicas que xa evidenciaba na última entrega, o que o levou a finxir unha enfermidade case terminal que relatou con todo xénero de detalles, mesmo fotográficos por wasap, o que evidencia unha vez máis a falta de escrúpulos á hora de atormentar á súa vítima a fin de evitar reclamacións”, indican os xuíces na sentenza.

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...

Lugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras as inundacións pola crecida do Miño

O Concello de Lugo redistribuíu a máis de cen nadadores do club Fluvial á...