InicioLugo e contornaEncontran o cadáver dun home nun coche accidentadoen Ribeira de Piquín

Encontran o cadáver dun home nun coche accidentadoen Ribeira de Piquín

Emerxencias explicou que o home saíu da estrada co vehículo e precipitouse por un terraplén, para chocar finalmente contra unha árbore.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O corpo dun home foi localizado sen vida no interior dun vehículo accidentado, en concreto, nun terraplén situado na estrada que une Ribeira de Piquín e A Pontenova, na provincia de Lugo.

Segundo informaron fontes do dispositivo de Emerxencias a Europa Press, o cadáver foi localizado antes das 11.30 horas da mañá deste xoves, e tratábase dun home, A.G.F., duns 53 anos e que residía na zona do Navallo, na Pontenova.

Varios veciños das inmediacións indicaron aos servizos desprazados ao lugar que levaban sen ter noticias del desde fai un par de días.

Emerxencias explicou que o home saíu da estrada co vehículo e precipitouse por un terraplén, para chocar finalmente contra unha árbore. A pesar diso, descoñécense as causas que provocaron o accidente, e as forzas de seguridade están a investigar as circunstancias do suceso.

Na intervención participaron o 061, Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e efectivos de Protección Civil da zona.

+ posts

ÚLTIMAS

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...