InicioCulturaO cemiterio de San Froilán convértese nun teatro para celebrar o Ano...

O cemiterio de San Froilán convértese nun teatro para celebrar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural

PUBLICADA O

- Advertisement -

O cemiterio de San Frolián, destacado en varias revistas especializadas como un dos cemiterios máis fermosos de España, celebrará o Ano Europeo do Patrimonio Cultural cunha obra teatral.

A Concellería de Concello e Cidadanía de Lugo programou para este martes, 5 de xuño, unha actuación baixo o título Quen ocupa esa cadeira no cemiterio, a cargo da compañía luguesa Palimoco Teatro. A obra terá lugar ás 21:00 horas e a asitencia é libre.  

Esta xornada de teatro enmárcase dentro da programación cultural diversa que organiza a entidade local ao longo do ano para promover o coñecemento e difusión do cemiterio de San Froilán.

Coa representación teatral tamén se celebra a Semana para descubrir os cemiterios, que promove a Asociación Europea de Cemiterios Significativos (ASCE), da que forma parte o camposanto lucense, xunto con outros 178 cemiterios de 22 países, con motivo do Ano Europeo do Patrimonio Cultural. É pois unha cita orientada a achegar estes espazos á cidadanía e dar a coñecer o seu patrimonio cultural, artístico e histórico.

+ posts

ÚLTIMAS

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...

A Deputación reclama á Xunta un novo modelo de emerxencias na área da Montaña

  O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes aprobou instar á Xunta de...