InicioCultura"É rara a fin de semana que non hai actuacións importantes en...

“É rara a fin de semana que non hai actuacións importantes en Vilalba”

Entrevista con Cheri Grandio, responsable de Cultura de Vilalba, valorando o Ciclo de Música, a Noite de San Xoán e o resto de actividades deste verán

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cabeceira da Terra Chá vive durante o verán unha etapa chea de cor e animación. Música, teatro e festas tradicionais toman as prazas de Vilalba, en boa parte polo soporte da Concellería de Cultura do Concello. Cheri Grandio, responsable deste departamento, explica como xurdiron as diferentes iniciativas culturais, incluida a decoración floral polo San Xoán, e a recepción por parte do público.

É característico o espectáculo floral de Vilalba polo San Xoán.

A programación da Noite de San Xoán vai pola décima edición. Xorde porque tivo sempre tradición a festa polo solsticio de verán, coa finalidade de dar máis folgos ao sol coas fogueiras, cando os días vanse facendo máis pequenos, e ten a función purificadora nas persoas que as contemplan. O lume está considerado que aporta purificación, e a auga fertilidade.

Hai dez anos que facemos a Noite Máxica de San Xoán, e hai dous anos comezamos a colaborar coa asociación cultural Campo San Xoán. É un grupiño de xente moi animada co que colabora o Concello, eles fan actividades, e nós facemos outras actividades. En conxunto tentamos facer unha festa bonita e recobrar as tradicións perdidas.

A idea de adornar as prazas xurdiu porque, cando eu era pequena todas as casas poñían as flores, as sanxoáns, as milicrocas e as abelurias. Adornaban as casas para espantar as meigas, dicíase, de feito durante o San Xoán bótanse pétalos de flores ás fogueiras. É algo que queremos recuperar e pregábamos que toda a xente viñese ambientada con toques florais aos actos, para facer Vilalba un referente desta época de flores, adornando balcóns, prazas, dando alegría a todo o pobo; e seguindo a temática da Noite de San Xoán, para espantar as meigas.

Festa da Noite de San Xoán de 2018 en Vilalba
Festa da Noite de San Xoán de 2018 en Vilalba

É unha época especial para Vilalba. Cal é a recepción do Ciclo de Música?

O Ciclo de Música xurdiu o ano pasado, con novas actividades, aproveitando que temos un Conservatorio de Música aquí en Vilalba. Decidimos facer un ano máis coa idea de sacar as actuacións do auditorio á praza, para que a xente que vén visitarnos teña un ambiente e unha dinamización en cada praza do pobo. Procuramos por veñan actuar grupos que sexan de Vilalba, ou que unha parte deles sexa de Vilalba, e dinamizar as prazas, por iso imosrotando os concertos entre as diferentes prazas.

O ano pasado comezamos facéndoo os venres, e vista a boa iniciativa e acollida que tivo, decidimos facelo tamén os sábados e os domingos coincidindo co primeiro domingo de cada mes, coincidindo coa feira de Vilalba, para ambientar e darlle vida á feira, cos concertos da Praza da Constitución.

Cartaz do Ciclo de Música de Vilalba para o verán de 2018
Cartaz do Ciclo de Música de Vilalba para o verán de 2018

De cara ao turismo terá o seu impacto.

Dende logo. Toda a xente que vén de fóra e ve estes grupos na praza queda sorprendida de que un pobo coma Vilalba, que non é tan grande, faga estas iniciativas. Gosta moitísimo. Outra idea para este ano, que xurdiu aproveitando o bo resultado da música, é sacar á rúa tamén o teatro. Decidimos sacar as actuacións do auditorio e dinamizar a Praza da Constitución no templete que temos instalado co teatro. Está pensado para as noites, despois de que a xente desfrute das praias e saia a tomar as tapas, os viños e pasear. É un espectáculo distinto. Será os días 7, 21 e 28 de xullo.

Vilalba tivo tamén visibilidade no eido deportivo. Como se viviu o percorrido do Vilalbés?

Con moita emoción, toda a xente apoiando ao Racing ata a morte. Tivemos unha recepción no Concello este venres pasado, recibimos aos xogadores e tivemos unha gala no Auditorio Carmen Estévez para darlles o agradecemento. Seguiremos aí, continuamente, e un equipo como o Racing Vilalbés terá sempre o apoio do Concello.

Ciclo de Música na Praza de Vilalba
Ciclo de Música na Praza de Vilalba

Outra actividade é o Verán Activo.

Facémolo en conxunto dende a concellería de Cultura e a de Deportes. Estas actividades comezarán no mes vindeiro, os días 7, 21, 28 de xullo, e os 4, 11 e 18 de agosto. Na área recreativa da Magdalena faranse actuacións para nenos ás seis da tarde, para cada día compaxinar cousas distintas, con contacontos, cancións, maxia, circo… diversas actividades para pasar unha tarde agradable. No tema de deportes, haberá na mesma área recreativa patinaxe, piragüismo e pilates. E sempre fan os campamentos de verán.

Que é o que mellorou o Concello para este ano?

En Cultura estamos facendo moitísimas actividades, é rara a fin de semana que non haxa actuacións importantes no Auditorio, para todo tipo de público. Son óperas, zarzuelas, teatro, orquestras… precisamente o día 12 teremos á Orquestra Xove  da Sinfónica de Galicia, ás oito e media. A nosa idea é ir mellorando e tentar facer diversidade nos actos culturais.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...