InicioSucesosHospitalizado tras caer por un terraplén en Guitiriz

Hospitalizado tras caer por un terraplén en Guitiriz

Un motorista ferido en Chantada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa foi trasladada ao Hospital Lucus Augusti tras sufrir unha saída de vía co seu vehículo e caer por un terraplén dun tres metros na N-V, en Guitiriz.

Os feitos tiveron lugar pasadas as 5,30 horas deste luns, cando un particular alertou do accidente. Posteriormente, o 112 Galicia pasou a información ao 061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Vilalba e aos membros de Protección Civil da localidade lucense. Tamén puxo a situación en coñecemento do Centro de Xestión de Tráfico e o persoal de mantemento da vía.

Por outra banda, un motorista resultou ferido despois de impactar contra un coche na LU-533, en Tarrío, en Chantada pasadas as 19,30 horas deste domingo.

Tras ser alertado do sinistro, o 112 Galicia facilitou os datos correspondentes ao persoal sanitario, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local, así como aos Bombeiros e os membros de Protección Civil de Chantada e o persoal de mantemento de estradas. Finalmente, os bombeiros desprazados ao lugar confirmaron que se trasladou a unha persoa ao Hospital de Monforte.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...