InicioTerra CháGuitirizO Concello de Guitiriz entrega aos GES os traxes de protección obrigatorios

O Concello de Guitiriz entrega aos GES os traxes de protección obrigatorios

Este equipamento foi reclamado pola Inspección de Traballo e o Concello de Guitiriz fora criticado pola CIG por mor da tardanza en equipar aos GES

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Guitiriz fixo entrega dos novos equipos de protección individual (EPI) regulamentarios para os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) que reclamara a Inspección de Traballo. A corporación explicou nun comunicado que o pedido dos equipos fíxose de inmediato tralo requisito e que a demora foi a habitual neste tipo de entregas, xa que os traxes son fabricados a medida e inclúen a identificación propia do municipio.

Dende o Concello precisaron que os traballadores de emerxencias xa contaban co equipamento ignífugo necesario, aínda que só con tres unidades, as correspondentes a unha quenda de extinción. O resto dispoñían de traxes de menor protección, para tarefas non vencelladas co lume, ao entender que as tarefas dos GES son de prevención e só deberían de auxiliar aos bombeiros.

Por outra banda, o comunicado serviu de crítica á Confederación Intersindical Galega (CIG) de Lugo, que presionara ao Concello por supostamente incumprir a orde de Traballo de entregar os equipos a todos os integrantes do GES, orde que tiña de data límite o 8 de febreiro.

Amáis dos catro traxes ignífugos cos correspondentes cascos, que se incorporan aos tres xa existentes, o Concello adquiriu pantalóns anticorte para o desbroce. O investimento total foi de preto de 6.300 euros.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...