InicioSucesosIdentificado o cazador que disparou contra activistas no tecor Terra Chá

Identificado o cazador que disparou contra activistas no tecor Terra Chá

A Garda Civil identificou a un cazador que disparou contra activistas durante o campionato provincial oculto celebrado no tecor Terra Chá

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza denunciou o disparo efectuado por un cazador contra un coche no que ían catro activistas procedentes de Lugo que resultaron ilesas. O feito, denunciado na comisaría de Vilalba, levou á Garda Civil a identificar o individuo, que compartía cuadrilla cun menor en Castro de Rei.

O disparo tivo lugar no marco da presión exercida polos colectivos animalistas contra unha proba oficial eliminada do calendario oficial. Perante a falta de información por parte da Xunta de Galicia, activistas de toda España pediron máis de trinta permisos para poder realizar excursións polo tecor Terra Chá.

Despois dos incidentes, que incluíron danos aos vehículos dos activistas e que paralizaron o campionaro, os cazadores decidiron continuar coa competición.

A proba provincial de caza do raposo, oculta no calendario oficial

+ posts

ÚLTIMAS

Rumores de moción de censura en Lugo: Candia negocia coa exsocialista María Reigosa

A política lucense encara uns días decisivos ante a inminente posibilidade dunha moción de...

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...